Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MENTRES 580 USUARIOS SEGUEN SEN LUZ

Entra outro temporal

As predicións advirten de fortes ventos de até 100 quilómetros por hora na xornada do sábado e neve no interior.

Redacción - 18:45 30/01/2009

Cando moitos galegos aínda están a sufrir as consecuencias do último vendaval que azoutou Galiza hai xa unha semana, as predicións falan dun novo temporal para esta fin de semana. Meteogalicia alerta da presenza dunha profunda borrasca, que se traducirá en chuvias abundantes e fortes ventos, dende este venres e até o domingo. Ademais, a cota de neve baixará aos 1.200 metros polo que se prevén nevadas na montaña de Lugo e de Ourense. Mentres, no mar, permanece a alerta laranxa por mar de vento e mar de fondo, con prognósticos de ondas entre catro e cinco metros.

Recomendacións
Protección Civil alertou de que se acadarán ventos de forza 8 na costa occidental e que se producirán posíbeis nevaradas no interior. Recomendoulle á cidadanía que "procure afastarse da praia e doutros lugares baixos que poidan verse afectados polas elevadas mareas e as ondas", que estremen as precaucións na condución, aseguren portas e xanelas e non se acheguen a cornixas, árbores ou muros que poidan caer.

Sen competicións deportivas
A Dirección Xeral para o Deporte xa tomou a decisión de suspender todas as actividades deportivas en idade escolar, como medida de precaución para evitar riscos. Asemade, as diferentes federacións deportivas decidirán se pospoñen ou non as súas competicións. Até o de agora, a de baloncesto xa decidiu non disputar a xornada desta fin de semana nas categorías autonómica e zonal.

Sen luz
Mentres, un total de 589 usuarios continuaban sen electricidade a primeiras horas deste venres, como consecuencia do temporal rexistrado na última fin de semana, segundo informou a Consellaría de Innovación e Industria. Dos afectados por sexto día consecutivo, 334 atópanse na provincia de Lugo e outros 255 na da Coruña.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: