Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Milleiros de queixas polo calote no paso do ano

O goberno español analizará as queixas polas "desproporcións" nos recibos eléctricos

As asociacións de consumidores critican a lentitude e piden garantías de que se fagan estimacións "reais e lóxicas".

Redacción - 14:15 29/01/2009

Da xuntanza este xoves dos ministerios de Industria, por un lado, e Sanidade e Consumo polo outro, debera saír resposta ás irregularidades acontecidas nas últimas semanas nos cobros das facturas eléctricas. Representantes das propias asociacións de consumidores foron convidadas á reunión para expoñeren a situación e achegar exemplo dos milleiros de queixas presentadas polos cidadáns.

A Federación de Consumidores en Acción (FACUA) denunciara que unha parte das facturas analizadas non reflicten consumos reais, senón estimados, xa que malia que coa nova regulación os recibos son emitidos mensualmente, as eléctricas seguen realizando a lectura dos contadores cada dous meses tratando de aforrárense así custes. As eléctricas pasaron a cobrar no recibo seguinte a enerxía supostamente non imputada no anterior, pero co calote engadido de que lle aplicaban as novas taxas, co último incremento engadido, no canto das vixentes a finais de ano.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: