Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MUNDO VACÚN

A importancia de chamarse Marela

As vacas que teñen un nome e reciben un trato personalizado dan máis leite, segundo un estudo británico.

Redacción - 09:00 29/01/2009

Unha investigación levada a cabo pola universidade de Newcastle (Inglaterra) asegura que as vacas felices dan máis leite. Entre as cousas que lle producen máis felicidade ao gando vacún está o feito de darlles nome e tratalas como persoas.

O estudo, desenvolvido en 516 gandarías de toda a Gran Bretaña, chegou á conclusión de que o aumento da produción pode ser de até 285 litros ao ano. Os gandeiros que lle poñían nome aos animais, o 46%, conseguían unha produción máis alta ca os que non bautizaran as vacas.

Un de cada dez gandeiros recoñecía que as vacas que lle tiñan medo á xente tamén tiñan menos disposición para producir leite. En declaracións á BBC, un dos entrevistados, Dennis Gibb, di que é "de vital importancia" tratar cada vaca como un individuo, porque son "parte da familia".

A coordinadora da pesquisa, Catherine Douglas, dixo que o estudo "confirma o que moitos gandeiros bos e atentos acreditaban hai moito tempo". O segredo é "darlle máis importancia a coñecer os animais indivualmente e chamalos polo nome pode, sen custo adicional para o gandeiro, levar a un aumento significativo na produción de leite". O estudo publicouse na revista especializada Anthrozoos.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: