Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alerta de MeteoGalicia

Nivel laranxa por vento nas zonas costeiras e nas zonas altas

O servizo de predición meteorolóxica MeteoGalicia da Xunta activou a alerta laranxa por vento nas bisbarras costeiras e nas zonas altas.

Redacción - 19:35 24/01/2009

Dende as 20.00 horas do sábado deica as 8.00 horas do domingo agárdanse ventos de até 100 quilómetros por hora no litoral e na montaña, e de 90 quilómetros por hora no resto de Galiza.

Ademais, MeteoGalicia activou a alerta amarela por chuvia na metade occidental do país, onde se poderían acumular máis de 40 litros en 12 horas.

Tamén está activada a alerta vermella por mar de fondo do noroeste en todo o litoral deica o día 26. As ondas serán de máis de sete metros, podendo alcanzar os nove.

O vento no mar será de forza 8 con núcleos de forza 9, con alerta laranxa no litoral norte e noroeste deica as 8.00 horas do domingo.


Ligazóns

4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: