As bancadas dun campo de béisbol, onde practicaban deporte entre 20 e 30 menores, caeron como consecuencia do vento e a chuvia.
Catro cativos morreron e outra ducia resultaron feridas en Sant Boi de Llobregat (Cataluña) logo de caer as bancadas dun campo de béisbol, onde practicaban deporte entre 20 e 30 menores, caesen. Tres resultaron mortos no momento do accidente, e un cuarto finou posteriormente no hospital.
Tamén en Francia, o temporal que na madrugada do venres ao sábado provocou dous mortos en Galiza e numerosas incidencias, bateu con forza no sudoeste do país.
Un millón de fogares non tiña electricidade este sábado pola mañá e o tráfico ferroviario funcionaba irregularmente, informan os medios locais.