Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
SÁBADO, 24 DE XANEIRO, 19 H

"Pesdelán" no Centro Galego de Barcelona

Dispostos a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñer todos a bailar.

Centro Galego de Barcelona - 23:00 20/01/2009

Aínda que moitos de vós non moverades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos.

O repertorio de Pesdelán abrande temas tradicionais galegos e portugueses, arranxados dun xeito divertido e orixinal.

Para os máis atrevidos Pesdelán ofrece obradoiros de baile galego e portugués o sábado 24 pola mañá de once e media a unha e media da tarde. A inscrición é gratuíta e se pode facer no Centro Galego (Rambla Caputxins 35-37; 08002 Barcelona) o ben chamando o teléfono: 93 301 28 92. Prazas limitadas.

Pesdelán son:

Guadi Galego (voz e percusións)
Uxía Cribeiro (voz e percusións)
Montse Rivera (voz e ensino de danzas)
Mercedes Prieto (voz e ensino de danzas)
Xan Pampín (acordeón)
Carlos Freire (percusión)
Miguel Flores (guitarra)

PESDELÁN para bailar
Concerto-baile no C.G.B. (Centro Galego de Barcelona)
Sábado 24 de xaneiro as 19h.

Rambla Caputxins, 35-37

Metro Liceu/Drassanes


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: