A cercededense Silvia Fraga, de 31 anos, convértese nunha das principais sorpresas ao ocupar o quinto posto pola Coruña.
A sorpresa saltou na mañá deste sábado: Dolores Villarino, que a última hora do venres, figuraba como terceira da lista por Pontevedra, caeu da mesma para deixarlle paso a Abel Losada.
Diante do Comité Nacional do partido, o propio Touriño gabou os servizos de Dolores Villarino, que podería rematar a súa carreira política no Consello de Contas. Así, a lista por Pontevedra dos socialistas estará encabezada por Touriño e a continuación figurarán nos primeiros postos María Xosé Caride, Modesto Pose, Carme Gallego, Manuel GAllego, Guillermo Meijón, Carmen Cajide, Luís Antonio Gómez, Soledad Sánchez Trujillano, Henrique Cabaleiro e Amelia Pérez.
Na Coruña só houbo unha sorpresa, e non menor. A concelleira cercedense Silvia Fraga, dirixente de Xuventudes Socialistas, entra con forza de quinta por esta circunscrición. Diante dela estarán, como xa se esperaba, Mar Barcón, Méndez Romeu, Beatriz Sestayo e Xaquín Leiceaga. O sexto posto é para José Manuel Lage Tuñas, que nos últimos tempos se está a revelar como unha peza clave a nivel provincial, e a continuación Francisco Cerviño, Marisol Soneira e Luís Toxo. No posto décimo estará María Torres e a continuación Pedro Armas e Catalina García.
En Lugo a principal e única novidade é que o cuarto lugar estará ocupado por Sonia Verdes, concelleira en Vilalba. Nos tres primeiros postos estarán Ricardo Varela, Concepción Burgo e Ismael Rego. Xa no quinto posto estará Tomé Roca. A continuación Miguel Anxo Fernández López e Loli Rodríguez Amoroso (secretaria xeral de Xuventudes Socialistas).
En Ourense non hai cambios ate o número cinco, ocupado por María Quintás. A candidatura estará liderada polo conselleiro Manuel Vázquez, que estará seguido de Laura Seara, Pablo López Vidal e Carme Acuña. A sexta praza é para Xosé Carlos Francisco Ribera, e a sétima e oitava para Esperanza Fernández e de Eladio Osorio.