Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBITUARIO

Finou na Coruña o escritor Manoel Riveiro Loureiro

Autor de obras como “O Pasamento”, tiña 75 anos de idade.

Redacción - 19:57 15/01/2009

Nacido na urbe herculina, comezou a escribir xa na madurez logo de estar emigrado. Riveiro Loureiro naceu nunha familia que sufriu a represión franquista. O golpe militar segoulle a vida a seu pai. Debido aos problemas económicos da familia, aos dez anos tivo que deixar a escola e poñerse a traballar de mozo de recados.

Entre a súa prolífica obra destacan títulos como “O Pasamento” (2002) e, máis recentemente, “Xullo-Agosto” (2005), traballo co que logrou o galardón Lueiro Rey de novela curta.

Diferentes entidades, como é o caso da Mesa pola Normalización Lingüística fixeron público comunicados na súa lembranza. Dende este último colectivo, sinalan que “a sociedade galega perdeu un firme defensor da nosa lingua”


4,73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: