A primeira excursión do ano será polo Montseny o vindeiro sábado.
O Centro Galego de Barcelona continúa organizando actividades novas coa finalidade de facer participar máis ós seus socios e socias na vida do Centro e tamén coa idea de achegarse e abrise a outro público que poida ter interese e curiosidade pola cultura galega.
Así naceu a idea de organizar camiñadas polos arredores de Barcelona e a vindeira será o 17 de xaneiro de 2009 polo Montseny. O que diferenza estas camiñadas de calquera outra que poidan organizar outras entidades ou centros excursionistas é que nestas la lingua de comunicación é o galego e polo tanto todas as indicacións e explicacións que reciben os participantes sobre os puntos de interese, cuestións culturais ou vilas polas que pasan son en lingua galega. É unha maneira diferente de poder practicar e usar o noso idioma fóra dun contexto academicista, ademais de facer exercicio e estar en contacto coa natureza.
Camiñada polo Montseny - Infomación xeral
Data: 17 de xaneiro de 2009
Organiza: Dolores Dopazo
Guía: Xosé Carlos Conde
Lonxitude: 12 km.
Horario: de 9.30 a 16 h.
Saída: estación de San Andreu Arenal ás 8.00h. Alí colleremos o tren ata El Figaró onde iniciaremos a camiñata. Á volta colleremos o tren en San Martí de Centelles-Aiguafreda
Nivel de dificultade: media. Atoparemos desniveis de subida duns 730m durante 5 km e baixada duns 680m durante uns 7 km.
Ritmo: medio
Inscrición: Ata o 15 de xaneiro no Centro Galego (Telf. 933012892. Imprescindible deixar un teléfono de contacto e/ou correo electrónico)
Todos os que esteades interesados en participar nesta actividade debedes de seguir os seguintes requisitos imprescindibles:
- Almorzar ben na casa: só se fará 1 parada para comer de e aqueloutras que o guía considere necesario para informarnos sobre puntos de interese.
- Traer botas de montaña ou calzado cómodo e illante.
- Roupa cómoda e lixeira e gorro para a cabeza.
- Botella de auga, froita, bocadillo e algúns froitos secos.
- Mochila pouco pesada.
- Se o tedes, bastón de camiñar.
- Se a mañá está nubrada recoméndase unha capelina ou chuvasqueiro lixeiro por se chovese.
- Máxima puntualidade.