Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN NARÓN, ANTE CENTOS DE PERSOAS

Terra Galega presenta a súa candidatura co obxectivo de obter dous deputados

Xoán Gato, que pechou o seu discurso cun "Viva a Galicia Ceibe e nova que empeza a amencer", espera obter escanos por Lugo e A Coruña.

Redacción - 11:36 10/01/2009

Xoán Gato presentou este venres no recentemente inaugurado Pazo da Cultura de Narón a súa candidatura como líder de Terra Galega para as elección do 1 de marzo. Terra Galega afirma ter opcións de obter representación polas provincias da Coruña e Lugo. Coa súa aposta política, tratará de recabar apoios entre os nacionalistas que non se senten representados por un BNG que "esconde a súa ideoloxía e que non se sabe se é leninista-marxista ou de dereitas", aínda que o seu discurso tamén se orienta cara ao electorado que rexeita as opcións do PP e do PSOE, por tratarse de partidos que rexen as súas decisións a nivel estatal.

Xoan Gato vertebra o seu discurso electoral en torno a tres eixes: unha economía de austeridad de gasto público e de apoio ao empresariado; unha vertebración conxunta do territorio galego, e un impulso aos servizos sociais, sanitarios e educativos de Galiza.

O acto, ao que acudiron unhas setecentas persoas, estivo encabezado pola canción de Siniestro Total 'Miña Terra Galega', que semella erixirse nun dos símbolos do novo partido. Gato deu un incendiario discurso contra a xestión do bipartito PSOE-BNG, chegando a asegurar que "nunca Galiza estivo tanto en perigo como nesta lexislatura". Gato explicou o motivo da súa candidatura en que "me remordía a conciencia de non facer un último intento serio de abrir unha porta en Galicia pola que entrase aire fresco". O aínda alcalde de Narón pechou o seu discurso cun "Viva a Galicia Ceibe e nova que empeza a amencer".


3/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: