Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza de Touriño e Zapatero

"Os consensos impulsados por Touriño traerán o maior investimento público da historia", di Barcón

A secretaria xeral do PSdeG repróchalle ao PPdeG que teime en quedar "inmerso nunha postura irresponsábel e inintelixible para a cidadanía".

Redacción - 19:05 23/12/2008

"Touriño liderou acordos sociais en momentos de dificultade e impulsou os maiores consensos co goberno español para permitir que Galiza e os seus cidadáns gocen da maior inversión de diñeiro público da historia”, afirmou Mar Barcón, secretaria xeral do PSdeG.

Ao fío da xuntanza en Madrid do presidente da Xunta co presidente do executivo estatal, Barcón criticou a posición do PPdeG e opinou que o presidente dos populares galegos "segue mergullado na súa particular campaña electoral mentres Touriño responde á confianza dos galegos”. "Os cidadáns saben que non poden confiar no señor Feijoo, porque non está a altura na negociación do Estatuto, non está a altura cando ten que apoiar o presidente da Xunta na defensa do mellor para os galegos ”, afirmou Barcón.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: