Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL PRAIA

Portugal gaña na estrea en area da Irmandiña

A selección portuguesa gañou nos penaltis un partido emocionante no que o tempo ordinario con empate a tres goles.

Redacción - 18:15 22/12/2008
Imaxe do partido disputado no Sar

Imaxe do partido disputado no Sar

Galiza estreou selección de fútbol praia o pasado fin de semana cun fermoso partido fronte á selección portuguesa, unha das máis fortes do mundo. O partido xogouse no multiusos do Sar, diante de mil cen persoas, e rematou cun empate a tres goles que os portugueses desfixeron na quenda de penaltis.

O equipo galego non elixiu un adversario fácil para a súa estrea e tivo diante a unha das mellores seleccións do mundo, terceira clasificada no campionato mundial deste deporte celebrado este ano. Así, os portugueses impuxeron a súa experiencia e foron por diante no marcador durante todo o partido, cos xogadores galegos a empatar grazas aos goles de Nico Alvarado e Ramiro Amarelle, este último en dúas ocasións.

Xogouse o campionato galego en pista cuberta
Coincidindo co estreo da irmandiña, disputouse o campionato galego de fútbol praia en pista cuberta, que levou até o Sar a case 140 xogadores pertencentes a 14 equipos. O vencedor final foi o "Atlético de Madrid", de Vigo; e un dos seus xogadores foi elixido para formar parte da selección galega que se enfrontou a Portugal.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: