Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE

'O neno de barro' triunfa en Braga

O filme gañou o premio 'Augusta' á mellor película, e Jorge Algora o 'Manuel de Oliveira' á súa traxectoria profesional.

Redacción - 11:00 17/12/2008

Os éxitos galegos completáronse co premio á mellor curtametraxe, que recibiu Manuel Abad pola súa peza Contar. Ademais, esta sexta edición de Bragacine homenaxeaba á atriz galega Uxía Blanco como figura relevante e representativa do cinema galego. O xurado, presidido por Anxo Santomil, entregou tamén o premio ao mellor guión, á película Presenza de Julian Richards.

Jorge Algora, que estivo presente na cerimonia de clausura, agradeceu os recoñecementos e destacou a importancia destes eventos cinematográficos para estabelecer unha liña de comunicación cultural entre Galiza e o norte de Portugal.

Palmarés desta 6ª edición
Mellor Filme: O Neno de Barro, de Jorge Algora
Premio Especial do Xurado: Summer Scars, de Julian Richards
Premio Mellor Filme Portugués: Call Girl, de Antonio Pedro Vasconcelos
Premio Filme Fantástico: Atrás das Nuvens, de Jorge Queiroga
Premio Mellor Videoclip: Chegamos á party, de Antonio Ferreira
Premio Mellor Curtametraxe: Contar, de Manuel Abad
Premio a Producción e Guión: La Cucina, de Allison Hebble e Zed Starkovichi


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: