Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Reino Unido

Aceptan unha redución nos salarios a cambio de evitar despidos

Os sindicatos e empresarios do sector siderúrxico acordaron nóminas un 10% máis baixas sempre e cando se mantivese íntegro o cadro de persoal.

Redacción - 09:00 16/12/2008

Seguridade laboral a cambio dunha porcentaxe do salario. Iso é o que acordaron os sindicatos do sector siderúrxico inglés cos propietarios da industria. O medo ao desemprego e ás consecuencias da crise presidiron estas negociacións no que é un dos sectores máis potentes no Reino Unido. En concreto, os representantes sindicais duns 25 mil traballadores propuxeron unha redución do 10% nos salarios sempre e cando se mantivese íntegro o cadro de persoal. O obxectivo inicial era evitar o peche dunha empresa de Gales que empregaba a un milleiro de traballadores, mais o resultado foi tan positivo que a medida se estendeu a todo o sector.

Con todo, esta non é a única medida deste tipo que se está a tomar na economía inglesa. Segundo informa The Times, a sociedade británica JCB decidiu reducir as horas extraordinarias remuneradas (que tiñan un custe de 50 libras semanais por traballador) conseguindo así evitar o despido de 350 traballadores.

Exemplo para outros países
Francia xa está a tomar nota deste tipo de medidas, aplicando exemplos semellantes. En concreto a entidade francesa Crédit Agricole propuxo aos seus 500 traballadores das súas oficinas asiáticas reducir o seu salario un 25% para manter o emprego. Os empregados aceptaron masivamente a oferta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: