Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN LUGO

Unións Agrarias retén un camión con leite francés e Lence acúsaos de querer saír na televisión

O propietario de Leite Río asegura que leva 10 anos importando o produto mentres que o sindicato recorda que os prezos están caendo pola competencia foránea.

Redacción - 18:30 11/12/2008

Leite Río importa unha media diaria de 25 mil litros de leite procedente de Francia. Así o asegura o secretario de acción sindical de Unións Agrarias (UUAA), Xabier Iglesias, quen acompañou a medio cento de gandeiros á autovía que enlaza A Coruña e Madrid para reter a un camión cisterna que transportaba leite procedente de Rennes (Francia). O obxectivo é o de denunciar esta práctica, que é habitual nas empresas lácteas galegas e españolas, e chamar a atención sobre o feito de que a industria fale de excedente de mercado para pagar prezos máis baixos, cando están a mercar no estranxeiro.  Os manifestantes tomaron varias mostras da carga da cisterna e anunciaron que exixirán á Delegación do Goberno en Galiza e á Consellaría de Medio Rural que demostren a procedencia deste leite. Ao tempo, condenan a "pasividade" das administracións ante a introdución de materia prima foránea nas cadeas de distribución.

Lence responde
Pola súa banda, o propietario e administrador único de Leite Río, Xesús Lence, recordou que importa leite desnatado francés dende hai dez anos, ao tempo que lembrou que tamén exporta a aquel país 50 mil litros diarios de nata líquida galega. Segundo explicou, en decembro e xaneiro baixa a produción en Galiza por mor do frío, un descenso que vai paralelo ao incremento do consumo. Así, asegurou que Río non dá cubertas as súas necesidades coa materia prima galega (recolle preto dun millón de litros diarios).

Finalmente, recorda que a súa empresa non deixou de mercarlle o leite a ningún gandeiro e que está a asinar contratos homologados. Ademais, lamenta a actitude deste sindicato, que achaca á necesidade de "facer festa" e saír na televisión.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: