Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MESA REDONDA

Beiras, Ferrín e Nogueira analizan o futuro da esquerda nacionalista

O debate, que terá lugar en Vigo o vindeiro 18 de decembro, está organizado polo Foro Galiza de Pensamento Crítico.

Redacción - 19:30 01/12/2008

Tres das figuras máis representativas da política galega das últimas catro décadas participarán nunha mesa redonda que falarán sobre "O presente e futuro da esquerda nacionalista". A cita, organizada polo Foro Galiza de Pensamento Crítico, terá lugar no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Rúa Policarpo Sanz, 21) de Vigo, a partir das 20:00 horas do día 18 de decembro.

Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira e Xosé Luís Méndez Ferrín representan posturas críticas coa liña oficial do BNG, aínda que os dous primeiros manteñen a súa militancia na organización.


4,73/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: