Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÍTICAS DO PSDEG-PSOE

O PP non adoptará medidas contra os seus concelleiros en Mos polo momento

Alfonso Rueda negouse a confirmar se o seu partido expulsará a Nidia Arévalo: "veremos o que pasa coa moción, despois terase que pronunciar a comisión nacional".

Redacción - 19:36 30/11/2008

O secretario xeral de PPdeG, Alfonso Rueda, descartou polo momento emprender ningunha medida contra os concelleiros populares no concello pontevedrés de Mos até "ver o que pasa coa moción" presentada esta semana contra a alcaldesa socialista co apoio do concelleiro non adscrito, Gerardo Alonso.

Alfonso Rueda, nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, reiterou que a moción "non está autorizada polo PP" e que "non se está facendo en nome" do partido. "Dito isto, dito todo", sentenciou. Nesta liña, Roda asegurou que "o que ten que facer a dirección do partido é manifestar a súa postura" e "se a partir de aí a moción segue adiante, poñer en marcha os mecanismos que ten para actuar en consecuencia".

O secretario xeral eludiu responder o seu o PP tomará medidas contra Nidia Arévalo, e sinalou que "xa se abriu expediente" polo caso. "Veremos o que pasa con esa moción de censura, se finalmente se vota, despois terase que pronunciar a comisión nacional".

En canto a unha posíbel ruptura do Pacto Antitransfuguismo, Rueda considerou que o seu partido "dixo e actuou como cre que se debe actuar de acordo co pacto". "Nós xa dixemos que non estamos de acordo coa moción. Ao partido socialista o que lle interesa é enredar" sinalou, xa que "tampouco explica que todo isto sae dun concelleiro tránsfuga do PSdeG".

Críticas de Mar Barcón
A secretaria de Organización do PSdeG, Mar Barcón, acusou ao líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de "xogar cos electores" e intentar "traizoar a vontade" dos habitantes de Mos, xa que non ordeou retirar a moción de censura presentada á alcaldesa pola agrupación local do PP e o ex concelleiro do PSdeG-PSOE e agora non adscrito Gerardo Alonso.

A deputada socialista dixo que "falan de expedientar aos concelleiros para intentar enganar aos cidadáns" e considerou "clarificadoras" as afirmacións de Rueda, pois poñen de manifesto, ao seu xuízo, que "o PP non está disposto a retirar a moción". "Está claro", reiteró, que esta acción "contaba coa aprobación de Núñez Feijóo e de toda a dirección" do partido e, por iso, néganse a paralizala.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: