Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara ás xornadas de decembro

A sociedade civil á procura de alternativas: O Foro Social completa programa

Soberanía alimentaria, enerxía, mobilización, consumo, renda básica... Un feixe de actividades deseñadas polo Foro Social Galego.

Redacción - 12:00 26/11/2008

"Pensar e construír alternativas desde Galiza" é o lema do Foro Social Galego (FSGal) que terá lugar os próximos 5, 6 e 7 de decembro en Santiago de Compostela. Pretende ser "un proceso permanente de debate e de construción de alternativas ao modelo neoliberal", e nesa primeira xornada xuntará voces e esforzos de colectivos de todo o país na procura dunha estrutura estábel que achegue propostas desde Galiza para "un outro mundo posíbel".

Algunha das conferencias e actividades previstas: "O neoliberalismo en crise: cara a onde vai o sistema?", no que intervirán Xabier Macías (Fundación Galiza Sempre), Mari Carme López Santamariña (Executiva Confederal da CIG), Xavier Vence (Catedrático de Economía Aplicada. USC) e José Vidal-Beneyto (Sociólogo, Director do Colexio de Altos Estudos Europeos Miguel Servet de París, Comité de apoio de ATTAC); "Consumo responsábel: construíndo alternativas desde Galiza", no que intervirán Xan Duro (Verdegaia), Xosé María García Villaverde (VSF), Nanda Couñago (Amarante), un representante da Rede de Consumo Consciente e Miguel Quinteiro Núñez (Grupo promotor do proxecto de banca etica de Gz).

"O Foro Social Galego quere debater, achegar e formular preguntas, pero tamén quere abrir camiños para transitar cara un mundo máis xusto, máis solidario, máis respectuoso coa diversidade", sinalan os promotores. O programa completo pode atoparse xa na web oficial do FSGal.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: