Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xunto con Aragón

Galiza liderará o crecemento económico estatal este ano

Segundo un estudo do Centro de Predicción Económica, que describe a nosa economía como unha "das máis dinámicas a nivel rexional".

Redacción - 13:15 25/11/2008
Galiza será a terceira comunidade con maior crecemento en 2008, tres décimas por riba da media estatal

Galiza será a terceira comunidade con maior crecemento en 2008, tres décimas por riba da media estatal

A economía galega vai medrar este ano un 2,6%, tres décimas más que a media estatal (2,3%), segundo o Centro de Predicción Económica (Ceprede). Deste xeito, confírmase como unha das máis dinámicas do Estado Español, xa que durante o 2007 foi unha das que rexistrou maiores taxas de crecemento, situándose só por baixo de Aragón e Castela-A Mancha.

Liderando o crecemento económico "a nivel rexional"
Este informe, titulado Panorama Rexional. Análise das economías rexionais de España, tamén recolle a previsión de que este ano 2008 o noso país lidere, xunto con Aragón, o crecemento económico "a nivel rexional". O texto sitúa a Aragón á cabeza do "crecemento autonómico", cun 3%, seguida de Galiza (2,8%). Despois sitúanse Castela-A Mancha, Extremadura, a Comunidade Valenciana, Madrid, Murcia e Euskadi, todas elas cun 2,7%. No extremo oposto aparecen as illas; primeiro Canarias, cunha taxa de crecemento, durante o 2008, do 2,3%, seguida de Baleares, que rexistrou o 2,4%. Ámbalas dúas están por baixo da media estatal, o 2,5%.

Galiza, líder do crecemento económico xa en 2007
Neste informe anual o Ceprede lembra que a economía galega cifrou o seu crecemento en 2007 nun 4%, dúas décimas por riba do conxunto da economía estatal: "Durante o ano pasado, Galiza mantívose no seu vieiro expansivo, con crecementos do PIB por riba da media estatal, xustificado este feito polo dinamismo do seu sector industrial", recóllese neste estudo, facilitado por Europa Press. Por sectores, os avances máis significativos localizáronse no sector servizos, cun 4,5% de crecemento rexistrado, seguido do sector da industria (4,3%).

Con respecto ao número de ocupados, o sector da construción e o sector servizos son os que presentan, para a economía galega, maiores crecementos interanuais, con taxas do 6% e do 3,6% respectivamente.

En termos de converxencia rexional, Galiza ocupa o posto 178 das 273 rexións europeas ao amosar un índice do 84,6% en canto á media rexistrada na Europa dos 27, en 2005.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: