Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTOS ACCIONARIAIS

Quintana: "Abandonemos esa economía especulativa de casino"

O vicepresidente da Xunta pediu unha reacción do goberno español fronte ao anuncio da compra de Repsol por Lukoil e amosou a súa preocupación "polos traballadores antes que polos bancos".

Redacción / EP - 17:25 22/11/2008

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reaccionou ao anuncio da compra de parte das accións de Repsol YPF pola empresa rusa Lukoil. Quintana pediu "que o señor Zapatero dea unha puñada na mesa", fronte ao papel do goberno español como "mero espectador nesta operación". Dixo que é necesario un cambio de rumbo: "Abandonemos esa economía especulativa de casino. É hora de traballar a favor dunha economía para a xente que se preocupe dos traballadores antes que dos bancos".

Asegurou que a súa preocupación é que ese tipo de operacións bursátiles afecten a "empresas como Repsol e Unión Fenosa", tamén "os postos de traballo", o "subministro enerxético á poboación" e "os proxectos enerxéticos estratéxicos que hai en Galiza", que se enfrontan a un futuro incerto. Engadiu que "en Galiza non imos quedar calados, non imos ser carne de canón".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: