Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Alfredo Bea, pola Mellor Traxectoria

Paz, Echavarri, Perucho e Chano Rodríguez, galardoados cos Premios Nacionais do Deporte

Elixíronos como mellores deportistas da tempada 2007-2008. Recibirán os seus galardóns a vindeira sexta feira, 28 de novembro, en Pontevedra.

Redacción - 17:20 21/11/2008
O clube vigués Seis do Nadal leva o premio á mellor iniciativa en deporte escolar

O clube vigués Seis do Nadal leva o premio á mellor iniciativa en deporte escolar

Segundo a Dirección Xeral para o Deporte, o Deporte Galego vai pechar, a vindeira sexta feira 28 de novembro, a "mellor tempada da súa historia, en resultados deportivos", e farao coa Gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego 07/08, na que se premiarán as traxectorias máis destacadas nos diferentes ámbitos do noso deporte.

Este ano, o xurado, formado por representantes da Consellaría de Cultura e Deporte e deportistas de recoñecido prestixio, decidiu que os galardonados co Premio ao Mellor Deportista foran os campións olímpicos na clase Tornado de vela, Antón Paz e Fernando Echavarri, e o padexeiro cangués Carlos Pérez Rial, Perucho, que conseguiu a medalla de ouro en K-2 500 metros nas Olimpíadas, formando parella co catalán Saúl Craviotto.

Na categoría de mellor deportista con discapacidade o galardón será para o nadador Sebastián Rodríguez, Chano, que en Beixín sumou catro medallas máis ao seu brillante palmarés: Por outro lado escolleuse e María Bautista, árbitra de taekwondo, como a mellor xuíza, e Manuel Isorna, de piragüismo, como o mellor adestrador.

O xurado concedeu un outro premio, o da Mellor Traxectoria Deportiva, que será para o padexeiro meco Alfredo Bea.

Outros premiados
Dúas das candidaturas con máis propostas e que saíron elexidas na votación foron a Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla, que recibirá o Premio á Mellor Iniciativa en Deporte Tradicional, e a selección galega feminina de remo, que gañou a I Bandeira da Concha Feminina, premio á revelación na tempada 2007/08.

Tamén terán o seu galardón o Club Halterofilia (premio ao mellor equipo); a Agrupación Deportiva Seis do Nadal-Coia (premio á mellor iniciativa en deporte escolar); o Club ADAS (premio á mellor iniciativa en deporte base); a Copa do Mundo de Saltos de Obstáculos de Vigo (premio ao mellor proxecto dun evento deportivo); e Mariluz Ferreiro (mellor labor informativa).

Ademais, o xurado decidiu conceder tres mencións especiais: unha a Elena Fernández Iglesias, por ser a primeira muller galega que se converte en xuíza internacional de regatas; outra a Julián Bernal Medina, polo seu espírito deportivo; e a terceira a Sandra de la Fuente, por ser a primeira galega que se proclamou campioa do mundo de Pesca.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Antón Paz e Fernando Echavarri, a bordo do seu clase Tornado
Antón Paz e Fernando Echavarri, a bordo do seu clase Tornado
Perucho, remando
Perucho, remando
Chano Rodríguez tamén levará un dos Premios Nacionais do Deporte
Chano Rodríguez tamén levará un dos Premios Nacionais do Deporte
A selección feminina de remo gañou a primeira bandeira da Conche feminina este ano
A selección feminina de remo gañou a primeira bandeira da Conche feminina este ano