Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reaccións tras as decisións de Bruxelas

Para o PPdeG a reforma da PAC é "un torpedo na liña de flotación do agro galego"

Sinalan que se ha traducir en novas baixadas do prezo do leite, e advirten que Galiza vai ser unha das principais prexudicadas, "a pesar da orixe da ministra de Agricultura".

Redacción - 19:05 20/11/2008
O PPdeG prognostica un aumento no prezo do leite / Unha vaca no Flickr de /publicenergy

O PPdeG prognostica un aumento no prezo do leite / Unha vaca no Flickr de /publicenergy

Segundo o voceiro de Medio Rural do grupo popular, Roberto Castro, o incremento lineal da cota láctea do 1% para os 27 países da UE, aprobado esta quinta feira en Bruxelas, "máis que unha aterraxe suave, vai supoñer un torpedo á liña de flotación do agro galego", na medida en que se "vai traducir nunha maior invasión deses produtos no Estado e en Galiza".

O PPdeG tamén prognostica unha "baixada permanente dos prezos do leite que perciben os gandeiros galegos", que, segundo dixo Castro, "atravesa xa unha difícil situación económica, derivada dos elevados custes de produción".
Os populares tamén criticaron a actuación da ministra de Agricultura e Medio Rural, Elena Espinosa, sinalando que as "súas orixes non semellan ter xogado a favor dos intereses" de Galiza.

Roberto Castro tamén sinalou que a redución das axudas, pactada en Bruxelas, prexudicaría ao agro, axudando no seu despoboamento. Para terminar con esta situación, o PPdeG propón a creación dun Plan Estratéxico para o Sector Lácteo "que contribúa a minorar o impacto negativo que o acordo vai ter para os gandeiros do noso país".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: