Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
"FIN DUN CICLO"

Xavier Gómez Noya racha co seu adestrador

O ferrolán sepárase profesionalmente de José Rioseco, adestrador co que medrou até se converter en líder mundial do triatlón.

Redacción - 11:30 18/11/2008
Gómez Noya e Rioseco nunha imaxe de arquivo

Gómez Noya e Rioseco nunha imaxe de arquivo

Xavier Gómez Noya anunciou a través dun comunicado publicado na súa páxina web a ruptura da súa relación profesional co adestrador José Rioseco. O triatleta ferrolán informou de que se trata dunha decisión tomada por mutuo acordo, no medio dun clima cordial. Así, alude a "diferenzas a nivel profesional" para explicar a separación.

Gómez Noya aproveitou o comunicado para agradecer a Rioseco o apoio prestado durante os anos de colaboración e desexarlle o mellor no seu futuro profesional. O actual líder da listaxe mundial de triatlón está a cavilar quen será o sucesor de Rioseco mentres segue co meticuloso traballo que o caracteriza.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: