Garaikoitz Aspiazu foi arrestado nas proximidades da estación de esquí de Cauterets
Axentes franceses detiveron na madrugada deste luns a Garikoitz Aspiazu, 'Txeroki', suposto xefe militar de ETA e un dos seus membros máis buscados pola xustiza.
Aspiazu foi detido nunha casa próxima á estación de esquí de Cauterets, a pouco máis de 30 quilómetros de Lourdes. Canda el atopábase unha muller que tamén foi arrestada. Na operación participaron xendarmes franceses e gardas civís españois.
O goberno español considera que 'Txeroki' foi o máximo responsábel dos comandos de ETA durante os últimos cinco anos.