Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aínda que haxa máis medios para combatelo

"Galiza non está blindada contra outro Prestige"

Así o manifestaron membros do PPdeG, PSdeG e BNG. Ademais, a Xunta reclamoulle á UE a irresponsabilidade ilimitada en catástrofes coma esta, para evitar a "impunidade".

Redacción - 19:50 13/11/2008
Chapapote na area da praia do Rostro, perto de Muxía / Flickr: surfercosmovision

Chapapote na area da praia do Rostro, perto de Muxía / Flickr: surfercosmovision

Os tres grupos políticos con representantes no Parlamento, PPdeG, PSdeG e BNG, coincidiron esta quinta feira, sexto aniversario do afundimento do Prestige, en salientar que as nosas contas -polas que pasan 13 mil buques con cargas perigosas ao ano- "non están blindadas" contra unha catástrofe semellante.

Porén, o Bloque ve "materias pendentes"; os socialistas, "retos de futuro"; e os populares critican a "autocomplacencia" do Goberno.

Concretamente, o voceiro de Pesca do BNG, Bieito Lobeira, alertou de que a situación pode ser "similar" se se produce un accidente como o do Prestige, aínda que recoñeceu que se adoptaron "medidas parciais", algo que atribuíu á "mobilización sen precedentes" liderada pola plataforma Nunca Máis". Polo seu lado, o deputado do PPdeG, Henrique López Veiga, quen era conselleiro de Pesca durante a catástrofe del Prestige, denunciou que, aínda que "se mellorou medios" a nivel estatal, para facerlle fronte a unha negra como a vivida a partir do 13 de novembro de 2002, Galiza non está dotada como debera, ao tempo que sinalaba que o Goberno só fixo, en todo este tempo, un "exercicio de autocomplacencia". Tamén expuxo a súa opinión o voceiro de Pesca do PSdeG, Xosé Manuel Lage,quen coincidiu cos seus rivais políticos afirmando que non existe o "risco cero", pero dándolle énfase ao feito de que o noso país está "mellor preparado" ante outra posíbel marea negra, mais sinalando que aínda quedan cousas por facer neste eido.

Touriño: "non hai garantía absoluta" de que non aconteza outro Prestige
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recoñeceu que "nunca hai unha garantía absoluta" de que non volva acontecer unha catástrofe coma esta, aínda que asegurou, ao tempo, que xa se teñen producido "moitos avances" dende o sinistro do Prestige. "queda moito por percorrer", sinalou, recomendando que é necesario "mellorar e tomar nota" para responder ante a loita "contra a inseguridade no mar". Porén, sinalou que a protección que existe no noso país non existe en ningunha outra Comunidade do Estado Español, e, "sen querer caer na autocomplacencia", sinalou que o Executivo aínda ha seguir traballando para que o mar teña a mesma protección da que hoxe gozan moitos espazos terrestres.

Ao tempo, Touriño reclamoulle á Unión Europea (UE) que toma a iniciativa en materia lexislativa sobre o principio de responsabilidade limitada en relación coa contaminación do mar, co fin de que se chegue a facer realizade a máxima de "quen contamina, paga". Neste sentido, envioulle unha mensaxe "clara aos especuladores": "que ninguén que dane o medio mariño vai ficar impune". Ademais, o presidente do Goberno asegurou que vai seguir reclamando "con forza" o buque da Axencia Europea de Seguridade Marítima para Galiza.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Monumento aos voluntarios do Prestige, no Grove / Flickr: frostey
Monumento aos voluntarios do Prestige, no Grove / Flickr: frostey
Manifestación, o 1 de decembro de 2002, polas rúas de Compostela / Flickr: marianogrueiro
Manifestación, o 1 de decembro de 2002, polas rúas de Compostela / Flickr: marianogrueiro
Limpando / Flickr: /pedalofilo
Limpando / Flickr: /pedalofilo