O equipo nacional está composto por nove mozas que levan toda a semana adestrando co conxunto croata.
A selección galega de taekwondo competirá a vindeira fin de semana en Croacia no XIV Aberto de Croacia. O torneo está enmarcado dentro da "clase A", a máis alta categoría contemplada pola Unión Europea de Taekwondo. A competición realizarase os días 15 e 16 de novembro, baixo a organización da Federación Croata de Taekwondo.
O equipo galego está composto por nove mozas de categoría sénior, como son Jael Loren, Nazaret Tilve, Lara Oubiña, Lúa Piñeiro, Fani Fernández, Belén Asensio, Rebeca Mariño, Andrea Rica e Jessica Otero. Este grupo de taekwondistas leva toda a semana en Croacia, adestrando co equipo do lugar e preparando a competición.
As rapazas e os rapaces estarán en Alacante
O pavillón Pitiu Rochel de Alacante acollerá o campionato estatal de cadetes e o de infantís, estes últimos na modalidade de técnica e exhibición. En total case 60 mozas e mozos galegos que se desprazarán á localidade valenciana baixo ao coidado de 5 adestradores.