O Goberno aprobou unha declaración que servirá para a protección legal da zona.
O val do río Navea, detro dos municipios de San Xoán do Río e A Pobra de Trives, vai ser declarado a primeira paisaxe protexida de Galiza. Así o acordou o Consello da Xunta na xuntanza deste xoves. O Goberno estrea así por vez primeira a Lei de Protección da Paisaxe, aprobada polo Parlamento hai sete anos e que estaba inspirada no Convenio Europeo da Paisaxe.
A declaración ten como obxectivo “protexer os elementos da paisaxe, e especialmente os hábitats de interese comunitario, as poboacións e os hábitats das especies de flora e fauna silvestre de interese comunitario”.
No documento do Goberno tamén se afirma que a declaración vai servir para dar a coñecer a zona e, ao mesmo tempo, promover a economía da comarca con propostas como o turismo sustentábel