Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓN

A Fiscalía di que non ten constancia de que o goberno vasco desvíe menores inmigrantes a Galiza

O ministerio mantén aberta a investigación pero considera pouco probábel que o executivo de Ibarretxe dese a orde.

Redacción - 18:20 11/11/2008

“Non existe constancia de que iso sucedese”. Así de contundente se mostrou a Fiscalía do TSXG sobre o presunto envío de menores inmigrantes de orixe magrebí procedentes de Euskadi. O que non descartou o ministerio público é que algún funcionario enviase os mozos por iniciativa propia.

Este posicionamento coincide co do vicepresidente, Anxo Quintana, que este luns rexeitou censurar ao goberno vasco porque a Xunta non tiña probas de que a chegada dos menores fose produto dunha decisión política.

A polémica comezou cando a semana pasada varios medios de comunicación relacionaron a chegada de mozos magrebís co goberno vasco. Con todo, o ministerio público sinalou que a investigación prosegue aberta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: