Na programación teatral do Centro Galego.
Quico Cadaval (Ribeira,1960) é actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa. Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc".