Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DECISIÓN INXUSTIFICADA

Vimianzo queda sen servizo de normalización lingüística

A CTNL denuncia que o goberno municipal suprimiu o servizo e rexeitou as subvencións da Deputación alegando que non cubrían todo o custo.

Redacción - 09:00 06/11/2008

O Concello de Vimianzo suprimiu o seu servizo de normalización lingüística, despediu o técnico responsábel e rexeitou pedir subvencións para manter a actividade, segundo denunciou a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

A coordinadora achega datos como que o concello vimiancés renunciou á axuda de 12 mil euros anuais que lle concedía a Deputación da Coruña para financiar o servizo durante o período 2009-2011. Ese acordo tomouse na xunta de goberno local do 20 de outubro, onde tamén se determinou comunicarlle ao técnico de normalización "a supresión da devandita praza".

O concello xustificou a decisión polo feito de que o organismo provincial esixía unha titulación superir para o posto e asegurou que a subvención non cubría o custo total. A CTNL púxose en contacto co alcalde de Vimianzo, o socialista Alejandro Rodríguez, para lembrarlle que o persoal de normalización lingüística debe ter uns coñecementos correspondentes a unha licenciatura e que ningunha subvención cobre a totalidade dos custos. Así mesmo, informárono de que existen máis axudas, como a da Xunta.

A coordinadora salienta que aínda se pode comprobar parte do labor desenvolvido dende 2005 polo servizo de normalización lingüística de Vimianzo a través da súa web. A CTNL dirixiuse ao alcalde para que reconsidere a decisión. Ademais, anunciou que denunciará a situación perante os catro grupos municipais, a Deputación, a Dirección Xeral de Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: