Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRANSFERENCIAS

Galiza, única comunidade do Estado sen competencias en meteoroloxía

O conselleiro de Medio Ambiente reclama que goberno epañol que axilice o traspaso das competencias do servizo meteorolóxico.

Redacción - 19:20 03/11/2008

Canda as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, Galiza carece de capacidade de decisión en materia de meteoroloxía. O conselleiro de Medio Ambiente exixiu ao goberno estatal que poña fin a esta transferencia no menor prazo posíbel ao tempo que criticou ao anterior executivo da Xunta por non ter feito nada neste eido. Así, instou aos grupos parlamentarios a buscar os mecanismos necesarios e a vía máis rápida para materializar este traspaso.

Ademais, informou de que a petición xa foi cursada ao executivo de Zapatero hai tres anos, sen obter ningún tipo de resposta. "Seguimos agardando por algo que teñen o cen por cen das autonomías", dixo Manuel Vázquez, quen defendeu a importancia de lexislar en materia meteorolóxica. Foi na presentación dun libro titulado "Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galiza", coordinado polo profesor Francisco Díaz-Fierros. No acto, Vázquez tamén reivindicou o traballo do seu departamento para anticiparse ao impacto do cambio climático.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: