Catro rapazas e outros tantos rapaces intervirán neste evento organizado pola Eurorede do deporte, que comeza este venres día 31.
Na sétima edición das xornadas Eurodeporte participarán as delegacións de Catalunya, Galiza, Euskadi e Andalucía, que levarán até a zona de "l´alt empordá" oito rapazas e rapaces, todos en idade cadete. Estas xornadas son organizadas pola Eurorede, unha organización composta de varias entidades deportivas do sudoeste europeo. Un dos obxectivos fundamentais desta organización é fomentar a cooperación en materia de deportes para identificar os problemas propios de cada territorio e contribuír á súa solución.
A competición comeza o venres a partires das 10.00 horas, coas probas de canoa e bicicleta de montaña. No sábado celebrarase un circuíto de aventura que combina diferentes actividades como orientación, tiro con arco, canoa, tirolesa ou bicicleta. Pola tarde levaranse a cabo unha serie de actividades culturais, e o domingo as diferentes delegacións partirán de volta aos seus lugares de orixe.