Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOS NOVE PRIMEIROS MESES DO ANO

Os beneficios de Unión Fenosa dispáranse até os 899 millóns

A compañía eléctrica presentou este xoves os seus resultados, que aumentaron un 27% con respecto a 2007.

Redacción - 11:40 30/10/2008

“Crise, que crise?” Esta podería ser unha das frases favoritas do altos executivos de Unión Fenosa. A compañía eléctrica anunciou este xoves que durante os nove primeiros meses de 2008 obtivo uns beneficios de 899 millóns de euros, un 27% máis que no mesmo período do ano anterior. A empresa di que boa parte das plusvalías teñen que ver coa venda de participacións dunha compañía eléctrica en Filipinas.

Porén, estes grandes beneficios non impiden que Unión Fenosa afirme que tivo que loitar contra diferentes variábeis. Así, láianse de que a produción hidráulica baixou un 25% debido ao descenso de precipitación e tamén que o prezo da tonelada de dióxido de carbono é máis cara.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: