Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOFTWARE ECOLÓXICO

O aforro enerxético chega agora ao ordenador

E é que un uso eficiente da enerxía é beneficioso tanto para o medio ambiente, ao diminuír as emisións de CO2, como para o propio equipo, xa que se amplía a súa vida útil.

Redacción - 13:41 29/10/2008
Ordenadores máis ecolóxicos

Ordenadores máis ecolóxicos

Así é como aparecen diversas aplicacións informáticas baseadas na modificación dos parámetros de uso do monitor e o disco duro cando o ordenador entra en períodos de inactividade.

O gran aumento no uso de ordenadores persoais, servidores e demais infraestructuras tecnolóxicas na sociedade da información levou a que se estea a impoñer o concepto da "informática verde".

Un dos compoñentes desta informática verde é o menú de propiedades de enerxía de Windows, que propón aos usuarios diferentes alternativas para administrar a enerxía utilizada polo ordenador. Entre as opcións que máis se recomendan está a de configurar o sistema operativo para que apague o monitor e o disco duro tras un tempo de inactividade.

Ademais, Windows dispón dunha aplicación gratuíta chamada Co2Saver que permite ao usuario saber a cantidade de CO2 que pode aforrar en cada momento e con información en tempo real.

Deste xeito, sitúase unha barra no escritorio do ordenador e presenta o aforro total de tódolos usuarios que usan o programa e mailas estatísticas individuais de cada un deles.

Tamén para Windows, a compañía Verdiem desenvolveu unha aplicación para Windows chamada Edison que permite a reducción do consumo de enerxía do ordenador ata nun 30% e todo mediante unhas opcións que permiten ao usuario establecer as horas nas que usa habitualmente o ordenador e cando se deben apagar a pantalla e o disco duro mentres non se estea diante do equipo.

FWWWRANDO


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: