Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Case un milleiro menos de compravendas

O mercado da vivenda afrouxou un 27% desde xaneiro

A compravenda de vivenda nova resiste mellor en Galiza no que vai de ano que a de inmobles usados. A nivel estatal, o descenso de actividade no sector foi aínda máis acusado.

Redacción - 11:35 29/10/2008

O mercado inmobiliario comezou o ano en Galiza rexistrando a compra e venda de até un total de 2.608 vivendas, números que segundo as últimas cifras dispoñíbeis, descendían ao final do verán até só 1.892 vivendas. Un descenso especialmente acusado no caso da vivenda usada, que na mesma altura do ano anterior resistía mellor a ralentización do sector que a vivenda nova.

As últimas cifras sinalan que agosto pechouse en Galiza co cambio de mans de 715 vivendas usadas e 1.177 novas. A diferenza é menos acusada en termos interanuais, xa que en agosto do ano anterior vendéranse algo máis de dous milleiros de inmobles. Iso si, daquela o mercado da vivenda usada era significativamente máis activo que o da nova, tendencia que mudou en 2008, onde a compra de construcións de estrea volve ser a preferida polos cidadáns.

A evolución é diferente no contorno do Estado, onde o balance interanual deixa un descenso do 36,8% respecto aos números do mesmo mes o ano anterior. Un descenso de actividade aínda maior se miramos os datos desde comezo de 2008, cunha caída do 39% no número de transaccións no mercado. Así, se en xaneiro se venderan en todo o Estado 61 mil vivendas, o segundo cuatrimestre do ano pechábase con só 37.744 operacións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: