Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non garanten a distribución da enerxía xerada

Industria cualifica de "imprudencia" o posíbel bloqueo de Red Eléctrica aos muíños eólicos

Ten que estar listo "en 2012", advertía o conselleiro fronte ás insinuacións da empresa de que a a enerxía non entraría inmediatamente na rede estatal.

Redacción - 09:00 28/10/2008

"Que sexan menos laretas e que se poñan a traballar", convidou este luns o conselleiro de Industria aos responsábeis de Red Eléctrica. Fernando Blanco asegurou que nas xuntanzas mantidas cos responsábeis da empresa propietaria das liñas de distribución, púxose de manifesto que é asumíbel que a enerxía dos novos parques eólicos de Galiza entre na rede se se atenden os compromisos estabelecidos. "Equivócanse", insistiu en avaliar o conselleiro ao respecto do cuestionamento que responsábeis de Red Eléctrica fixeron desa posibilidade.

Blanco avisou de que as necesidades e a planificación están "perfectamente estudadas" e cualificou de "imprudencia absoluta" as manifestacións ao respecto da posíbel existencia de problemas. "Como non é froito do descoñecemento, será outra cousa", engadiu o conselleiro sobre as declaracións de responsábeis do ente público ao Faro de Vigo. Non aclarou en todo caso se se refería ás limitacións á potencia eólica instalada que hai xa meses foron obxecto de loita entre a Xunta e o goberno español, co Ministerio de Industria daquela aparentemente pouco disposto a facilitar as aspiracións eólicas do Goberno.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: