Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ban Ki-Moon clama por un cambio no sistema

"Non podemos permitir que a crise faga que millóns de persoas volvan vivir en condicións de extrema pobreza”

O chamamento da ONU únese ao de 43 países de Europa e Asia, reunidos en Beixín, que piden que se apliquen urxentes medidas contra a crise financeira.

Redacción - 18:35 25/10/2008
Os líderes asiáticos e europeos na cimeira, en Beixín

Os líderes asiáticos e europeos na cimeira, en Beixín

Dende a sede da ONU en nova York, o secretario xeral da organización, Ban Ki-Moon, reclamou "medidas drásticas" para que os efectos da actual crise financeira non se fagan sentir "nas débiles economías dos países en desenvolvemento". "As Nacións Unidas teñen unha responsabilidade especial: a protección dos máis pobre e vulnerábeis", dixo Ki-Moon aos xornalistas presentes nunha conferencia de prensa que deu após participar nunha xuntanza especial para tratar a situación.

Ao mesmo tempo, os líderes de 43 países de Asia e Europa, que se atopan en Beixín (China) na Cimeira Asia-Europa (ASEM), uniron as súas voces para chamar urxentemente á comunidade internacional para revisar os sistemas financeiros e monetarios, e comprometéronse a pór en práctica reformas efectivas e amplas. Tanto a Cimeira Asia-Europa coma o secretario xeral da ONU pediron tamén reformas e unha meirande participación do Fondo Monetario Internacional na asistencia aos países máis afectados pola crise.

Segundo Ban Ki-Moon, os bancos centrais deberían organizar liñas de crédito substanciais para subministrar fondos axeitados co fin de facerlle fronte ás emerxencias. No caso contrario, advertiu, a crise financeira, combinada coa alimentaria, a enerxética e a de desenvolvemento "podería ser un revés que moitos países pobres non poderán superar".

Zapatero volve defender a súa presenza na cimeira de Washington
O presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, afirmou este sábado en Beixín que confía no traballo das institucións europeas para que o Estado Español poida estar presente na cimeira financeira que se desenvolverá o vindeiro 15 de novembro en Washington.

Zapatero amosouse, ademais, convencido de que "España ten que estar" nesa cita "no formato que sexa" porque, segundo o presidente do executivo español, "ten moito que dicir e vaino dicir".

Semana negra nas bolsas
A mensaxe de Ban Ki-Moon chega a finais dunha semana dura para as bolsas e de desalentadores prognósticos para a economía global. Esta sexta feira, os mercados volveron caer, despois de chegar máis noticias pesimistas, xerando unha cadea que comezou con perdas do 9,6% en Tokio, e seguiu co principal índice londiniense, o FTSE, con perdas do 5%, e no Dow Jones do 3,59%. Este sábado, a bolsa saudita, a meirande do mundo árabe, abriu as súas operacións con perdas de máis do 9%, nunha das peores xornadas dos últimos catro años.

Por outro lado, o goberno de Islandia informou que acaba de solicitar un crédito especial de varios millóns de euros ao FMI, converténdose, deste xeito, no primeiro país occidental en recorrer a estes préstamos dende 1976.

A semana tamén trouxo malas noticias para a libra esterlina, que caeu en consonancia coa confirmación oficial de que a economía do Reino Unido está a piques de entrar en recesión.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: