As perdas fóronse reducindo en Europa até pechar nun 5 por cento menos ca o xoves, mentres en Nova York se van freando até o 3%.
Este venres volveuse producir unha forte caída nas bolsas de todo o mundo. As perdas, que comezaron arredor do 10% nos mercados asiáticos, fóronse reducindo a medida que ían abrindo os mercados de valores do resto do mundo. Os principais parqués europeos comezaron con perdas de entre o 7 e o 9 por cento e foron freando as baixadas a medida que se achegaba a hora do peche, con porcentaxes negativas de arredor do 5%.
A evolución da bolsa de Nova York tamén estivo marcada pola mesma tendencia, contaxiada dos mercados europeos. O Dow Jones comezou caendo o 5%, pero as perdas fóronse moderando até niveis dun 3%, que se reduce aínda máis no caso do índice tecnolóxico Nasdaq, até o 2 por cento.
The New York Times: U.S. Stocks Slide After Rout Overseas
The Independent: Oil and gloom spook markets
Le Monde: Panique sur les marchés boursiers