Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Extrugasa 81-67 Pallancanastro

O Extrugasa comeza con vitoria a FIBA Eurocup

As arousás dominaron o encontro dende o comezo e non deron ningunha opción ao equipo italiano.

Redacción - 11:54 24/10/2008
A xogadora do Extrugasa Carme Asurmendi trata de recuperar un balón durante o encontro

A xogadora do Extrugasa Carme Asurmendi trata de recuperar un balón durante o encontro

O equipo que adestra Isaac Fernández acadou unha importante vitoria fronte ao Pallancanastro Ribera na primeira xornada da FIBA Eurocup. As locais dominaron o encontro dende o comezo e basearon a súa vitoria nuns elevados porcentaxes de tiro. Por parte do Extrugasa destacou a base Sara Gómez, que anotou 21 puntos cunha serie de cinco triplas en oito intentos. O 81-67 do marcador reflexa a superioridade que as arousás amosaron durante todo o encontro.

As 350 persoas que se achegaron ao pavillón de Fontecarmoa puideron presenciar a primeira vitoria do Extrugasa na casa, en competición oficial, no que vai de tempada. O triunfo ten unha especial importancia por ser o Pallancanastro un rival directo na loita pola segunda praza que da acceso á seguinte fase. Esta loita non abrangue a primeira posición que, de cumprirse os prognósticos, debería ser ocupada polas francesas do Tarbes Gespe Bigorre.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: