Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SÁBADO, ás 18:30 HORAS

Derbi galego na elite do balonmán estatal

O Octavio Pilotes Posada recibe ao Teucro nun emocionante partido ao que os vigueses chegan, por primeira vez, como favoritos.

Redacción - 11:45 25/10/2008
O Teucro dominou os últimos enfrontamentos

O Teucro dominou os últimos enfrontamentos

Este sábado dispútase a oitava xornada da Liga Asobal de balonmán, que trae consigo o primeiro derbi galego do ano. Octavio Pilotes Posada e Teucro enfróntanse a partir das 18:30 horas no Pavillón das Travesas, nun partido ao que os dous equipos chegan en momentos de forma ben diferentes.

Os vigueses están a facer un gran ano, e suman xa catro vitorias, polo que ocupan o oitavo lugar da clasificación con oito puntos. Aínda non coñecen o empate, e os outros tres partidos que xogaron até o momento cóntanse por derrotas, fronte a equipos de alto nivel como Barcelona, Portland ou Ciudad Real.

O Teucro, pola súa parte, está a facer unha tempada máis discreta, coa permanencia como principal obxectivo. Os homes adestrados por Víctor García Borras suman só catro puntos nos sete partidos xogados, polo que ocupan o 12º lugar. Non perder en Vigo sería un bo resultado que lles permitiría encadear dúas xornadas seguidas puntuando, despois do empate acadado a semana pasada contra o Torrevieja.

A historia está a favor do Teucro
Os pontevedreses veñen dominando con claridade os partidos entre os dous equipos nos últimos anos. Así, dende o 2001 o Teucro sempre gañou ao Octavio nos seus enfrontamentos de Asobal. Durante a súa historia, o Teucro gañou en oito das 14 veces que os dous equipos xogaron na máxima división estatal. O Octavio gañou outros cinco partidos e só un rematou con empate. O contexto parece idóneo para que os vigueses rompan o sábado a mala racha de resultados nos enfrontamentos particulares contra os seus veciños.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: