Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FENNEC

Mozilla lanza o seu navegador móbil

A primeira versión de proba xa se pode descargar, tamén para computadores de escritorio ou portátiles.

Redacción - 12:35 20/10/2008

Despois de máis dun ano de desenvolvemento, a Fundación Mozilla presentou a primeira versión de proba do seu navegador para dispositivos móbiles, Fennec. En principio, pódese instalar nas internet tablets de Nokia e tamén en computadores con Windows, Mac e Linux, aínda que nun futuro aspírase a que poida funcionar en calquera dispositivo móbil con acceso á internet.

A versión de Fennec é unha alfa, é dicir, o paso anterior ás habituais betas, polo que Mozilla pide que as persoas que proben o navegador se poñan en contacto para informar de posíbeis fallos. Tamén está, en principio, só en inglés. O seu manexo está pensado para pantallas táctiles, polo que é bastante diferente ao dos navegadores tradicionais, como o seu irmán Firefox, co que comparte moitas características.

Ademais, prevese que o navegador inclúa unha ferramenta para importar todos os datos de navegación, como historial, marcadores ou contrasinais, do computador de escritorio para o Fennec, de xeito que se poida navegar pola web coa mesma facilidade ca cun ordenador 'grande'.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: