Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIDA POLÍTICA CONTRA A CRISE

O PSOE facilitará a aprobación dos presupostos en todas as CC.AA. e concellos

Os socialistas tomaron esta decisión na xuntanza do seu Consello Territorial, que se celebrou en Compostela.

Redacción - 14:15 18/10/2008

O Consello Territorial do PSOE decidiu este sábado que os parlamentarios autonómicos e os concelleiros socialistas facilitarán cos seus votos a aprobación dos Orzamentos para 2009 en todas as comunidades autónomas e concellos de España, "calquera que sexa a cor política dos seus Gobernos".

"Con esta decisión, cumprimos coa nosa obrigación de defender o interese xeral da sociedade española por encima de calquera criterio partidista nun momento difícil para todos", anunciou o PSOE nun comunicado durante a celebración en Santiago de Compostela do Consello Territorial do partido, que reúne aos dirixentes autonómicos do PSOE e ao secretario xeral e presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero.Tras este acordo político, os parlamentarios e concelleiros socialistas tratarán de "chegar a acordos con las demais forzas políticas sobre o contido dos Orzamentos" pero, en todo caso, "aínda que estes acordos non se alcancen, ningunha institución quedará este ano sen Orzamentos polo voto negativo do Partido Socialista".

Así, o PSOE precisou que todos os membros do Consello Territorial "apoiaron esta decisión" e han "asumido a responsabilidade de facer que se cumpra nos seus respectivos territorios". Xustifican a decisión en que "os cidadáns non entenderán que os intereses partidistas poidan estar por encima dos intereses de España", nunha advertencia dirixida ao PP e a todas as formacións que anunciaron enmendas á totalidade ás contas públicas do Estado.

Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño amosouse satisfeito do "apoio total e inequívoco do Goberno de España ós proxectos e ás infraestruturas de Galicia, o apoio a que no ano 2012 Galicia gañe centralidade, e que as infraestruturas galegas sexan un obxectivo nacional", concluiu. O Presidente da Xunta salientou que tanto él como Zapatero axustarán axendas para concertar unha nova entrevista nas vindeiras semanas


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: