O número de editoriais que se inclúen no polémico servizo de busca de libros de Google incrementouse no último ano e polo momento son xa máis dun millón as obras escaneadas que ofrece o servidor.
Google Books, da polémica ao éxito
O proxecto iniciouse hai catro anos, non sen polémica. E é que tanto editoriais como algunhas bibliotecas temían que Google se fixese co control de tódolos libros do mundo e os regalase en Internet.
Porén, son xa 20.000 os editores que pecharon acordos coa empresa para escanear o texto completo dos seus exemplares e permitir que os posibles compradores lean fragmentos relacionados coas súas buscas en Internet.
Ademais, en Google Books tamén se poden atopar obras de bibliotecas académicas e de referencia, das que extraen libros que teñen xa caducados os seus dereitos de autor.
FWWWRANDO