Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MESA REDONDA NA FEIRA DA ARTES ESCÉNICAS

Os expertos avogan por 'estratexias diferenciadas' para captar espectadores para o teatro

Criticaron que exista unha preocupación excesiva polas infraestruturas e os proxectos artísticos, e unha escasa atención á captación de públicos.

Redacción - 10:56 15/10/2008

A Feira Galega das Artes Escénicas acolleu este martes unha mesa redonda sobre a captación de públicos para o teatro. Todos os relatores coincidiron en sinalar a importancia das estratexias diferenciadas para cada tipo de público, así como a necesidade de ter unha relación fluída entre cada espazo escénico e a comunidade na que se ubica. Ademais, puxeron en común distintas experiencias e políticas desenvolvidas nos seus respectivos centros habituais de traballo para a consecución e fidelización de públicos, así como os resultados obtidos segundo os casos.

No debate participaron Grego Navarro de Luis, máster en Xestión Cultural Europea na Universidade de Warwick; Ze Rui, director artístico do Trigo Limpo Teatro Acert; Agustín Lorenzo, programador do Teatro Rosalía da Coruña; e Miguel Varela Gorgojo, programador do Teatro Bergidum de Ponferrada.

Grego Navarro, que leva varios anos traballando en espazos culturais europeos, advertiu o desfase existente na actualidade entre o elevado desenvolvemento das infraestruturas e os proxectos artísticos e o escaso grao por parte de moitas organizacións na atención aos públicos, área á que se referiu como unha mestura entre comunicación, marketing, relacións públicas e animación sociocultural.

Pola súa banda, Navarro de Luis apuntou como clave que, aplicado á programación de artes escénicas, o concepto "para todo o mundo" está hoxe en día obsoleto, así como a necesariedade de identificar sempre "un para quen?" concreto. Enunciou fórmulas a desenvolver, como unha reponsabilidade compartida entre os teatros e as compañías, o rastrexo estratéxico da publicidade emitida e, sobre todo, o coñecemento previo dos distintos públicos para dirixirse a eles de xeito específico, así como das vantaxes de dotar de persoal especializado na xestión de públicos aos distintos espazos.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: