Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Hóckey sobre patíns

O Liceo busca en Lloret o asalto á primeira posición na Ok Liga

Os coruñeses ocupan actualmente a segunda posición do campionato a só dous puntos do FC Barcelona.

Redacción - 17:57 14/10/2008
O Liceo está a realizar un gran comezo de ano

O Liceo está a realizar un gran comezo de ano

O equipo que dirixe José Carlos Carvalho Querido desprázase á localidade catalá coa intención de sumar tres puntos para subir así até os 14. As estadísticas xogan a favor do equipo coruñés, que ocupa a segunda posición da Ok Liga e conta por vitorias os dous partidos que xogou até o momento fóra da casa. Para subir até a primeira posición da táboa o Liceo depende tamén do partido que vai disputar o Barça no campo do Tenerife.

O Camp dels Sports de Lloret vivirá este martes un emocionante partido. O Clube de Hóckey Lloret será un rival difícil para o Liceo, a pesar de contar só con catro puntos até o momento. Esta mala clasificación está influída polo feito de ter xogado un partido menos, e tamén polo difícil calendario. Despois do partido, o Lloret terá xogado contra tres dos equipos que antes da xornada ocupaban as catro primeiras posicións. O encontro comeza ás 21:00 horas.

Pola súa parte, o FC Barcelona visita ao Tenerife, un equipo que chega nun bo momento de forma, despois de vencer os dous últimos partidos que xogou no campionato. O outro encontro destacado da xornada é o que vai enfrontar a Voltregá e Vic, cuarto e quinto clasificado respectivamente.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: