Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CAMPIONATO ESTATAL DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS

Galiza arrebátalle a Cataluña a coroa do tenis adaptado

Álvaro Illobre e Martín Varela impuxéronse na final ao equipo catalán, que chegou a Albacete como único vencedor das edicións anteriores.

Redacción - 14:00 14/10/2008
Os tenistas galegos amosan o trofeo de campións

Os tenistas galegos amosan o trofeo de campións

O equipo galego fíxose co título no campionato desenvolvido en Albacete. Con esta vitoria racha a hexemonía do combinado catalán, vencedor das cinco edicións disputadas anteriormente. Os nosos pasaron, de xeito directo, ás semifinais e alí venceron cun claro 2-0 a Aragón. Na última rolda enfrontáronse á poderosa selección catalá, onde figuraba o número un estatal, Kiko Tur. Pero Álvaro Illobre e Martín Varela xogaron a un gran nivel e acadaron senllas vitorias en tres sets.

As eliminatorias decidíanse a tres partidos, dous individuais e un de parellas. Os partidos tamén se disputaron ao mellor de tres sets. A xente do Clube de tenis Albacete puido gozar dun tenis de alto nivel a pasada fin de semana. O equipo galego estaba liderado por Álvaro Illobre, que pecha así un gran ano no que disputou tamén os Xogos Paralímpicos de Beixín.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: