Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sufraxio dos residentes ausentes

O PSOE europeo aposta por combinar voto por correo e en urna no exterior

A Comisión Executiva Federal en Europa, en consonancia coa dirección a nivel estatal, considera necesario que os partidos "conteñan a impaciencia".

Redacción - 19:00 13/10/2008
Marco Ferrara, do PSOE-Europa

Marco Ferrara, do PSOE-Europa

A federación europea do PSOE móstrase partidaria de estudar todas as fórmulas posíbeis para mellorar o sistema de voto dos residentes ausentes, o que para os socialistas pasaría polo voto electrónico ou por compaxinar o voto por correo actual co sufraxio directo en urna.

Os socialistas chegaron a esta conclusión logo de que, nun acto organizado esta fin de semana en Lausanne (Suíza), a nova Comisión Executiva Federal do PSOE en Europa se reunise por vez primeira.

O PSOE europeo considera necesario que os partidos políticos "conteñan a impaciencia" e traballen para unha modificación "integral" da Lei Electoral, en troques de iren adoptando acordos "precipitados e improvisados" sobre puntos concretos como o voto exterior.

A postura, en consonancia coa dirección do PSOE, contrasta coa de PPdeG e BNG que, en base á iniciativa aprobada polo Parlamento antes do parón estival, defenden a conveniencia de darlle prioridade a este asunto.

"No exterior, temos máis ganas ca ninguén de que a reforma salga adiante. Mais as cousas que merecen ser feitas merecen ser ben feitas", comentou o secretario de Comunicación da federación europea, Marco Ferrara.

Sobre a representación parlamentaria dos residentes no exterior, o representante europeo do PSOE dixo que non pode responder a "criterios improvisados" que leven a unha representación "simbólica", lonxe do "obxectivo de ningún demócrata".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: