Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
UNHA SEMANA PARA O FESTIVAL

Xa podes votar a Boy Elliott na web do Liet Lavlut

O 18 de outubro a canción gañadora do A Polo Ghit competirá en Laponia representando a Galiza.

Redacción - 10:35 11/10/2008

Xa queda menos, unha semana exactamente. O 18 de outubro a vila de Luleå acollerá a quinta edición do Festival Europeo da Canción para Linguas Minorizadas Liet Lavlut. Por certo, espérase que a noite do sábado 18 os termómetros cheguen aos cero graos en Laponia. Once formacións representarán a outros tantos países ou comunidades culturais. Estes son os grupos participantes, na orde na que subirán ao escenario:

1.Boy Elliott & the Plastic Bags Planeta 19 (Galiza)
2.Surunmaa Tulethan takashin(Meänkieli)
3.Gwennyn Bugale Belfast (Bretaña)
4.Jacques Culioli Hosanna in excelsis (Córsega)
5.Spasulati Botë e shurë (Arbereshe-Albanés)
6.Elin Kåven Abbas jaska (Laponia)
7.Jelte Posthumus & Pilatus Pas De wiete wyn hellet oan (Frisia)
8.Carnicats Oz dream (Friuli)
9.Yr Annioddefol Drysu (Gales)
10.Dixebra Indios (Asturias)
11.Mordens Good will blessing (Mordovia)

Cada un dos participantes chegou até esta final dunha forma determinada. O representante galego, Boy Elliot & The Plastic Bags a través do concurso de Vieiros e a Radio Galega A Polo Ghit, e houbo igualmente concursos de canción en Frisia, Laponia, en Escandinavia (que celebrou o Laulun-Laulut, o festival da canción para minorías para Escandinavia e os Países Bálticos) ou en Escocia que organizaou en Inverness o Nos Ur, o primeiro festival celta e escocés da canción. Houbo tamén unha semifinal para os países nórdicos, os países bálticos e Karelia.

Xurado, SMS e votacións web
O Festival entregará dous premios: un, outorgado por un xurado internacional (un representante de cada lingua participante), e outro a través dos votos do público, ben a través da rede (computándose unicamente os votos recibidos entre as oito e media e as nove da noite do día 18), as mensaxes de SMS e o público presente no concerto. Se o 18 de outubro estás por Suecia, envía un SMS ao 72500 escribindo LIET 1 para votar a Boy Elliot. E se non, a opción é a rede: na páxina do Festival xa se pode votar polos gañadores, pero estes votos non terán validez para decidir o resultado final.

O festival retransmitirase en directo a través da radio sueca, e en Internet, igualmente.


Ligazóns

5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: