Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
COPA DO REI

Eliminatoria difícil para o Celta, mellor sorte para o Depor

O Deportivo enfrontarase ao Elche, mentres que os vigueses buscarán o pase fronte ao Espanyol de Barcelona.

Redacción - 14:00 10/10/2008
Celta e Espanyol volverán a verse as caras despois de varios anos

Celta e Espanyol volverán a verse as caras despois de varios anos

A sorte repartiuse de forma desigual entre os equipos galegos no sorteo da eliminatoria dos dezaseisavos de final. O Deportivo xogará contra o Elche, actualmente clasificado no último lugar da segunda división. Trátase de un equipo con experiencia na segunda división estatal, que está vivir un mal inicio de liga. O primeiro partido xogarase no estadio ilicitano Martín Valero e a volta en Riazor.

O Celta, pola súa parte, terá como rival ao Espanyol de Luís García e Raúl Tamudo. O equipo que dirixe Bartolomé Marquez ten un grupo de xogadores moi afianzado, onde unha gran parte do equipo leva anos xogando xuntos. Os vigueses comezará a eliminatoria na casa, e xogarán a volta no Estadio Olímpico de Monjuic. Os de Pepe Murcia terán unha boa oportunidade para medirse o seu propio potencial, e rematar de enganchar á súa afección, despois da ilusión que xerou a anterior eliminatoria disputada contra a Real Sociedade.

Outros enfrontamentos destacados son o Barcelona - Benidorm, Real Unión de Irún - Real Madrid, ou Athletic Club de Bilbao - Recreativo de Huelva. Os partidos de ida disputaranse o 29 de este mes e os de volta o 12 de Novembro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: