Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REÚNEN A 27 MILLÓNS DE XOGADORES

Os deportes virtuais triunfan nos Estados Unidos

As redes sociais e os teléfonos móbiles impulsan estas plataformas de xogos nas que os afeccionados seleccionan atletas do mundo real para equipos imaxinarios.

Redacción - 13:08 06/10/2008
Os deportes de fantasía están en pleno auxe

Os deportes de fantasía están en pleno auxe

Segundo os analistas, o sector dos deportes virtuais vai continuar experimentando un forte crecemento debido á cada vez maior cantidade de persoas que practican xogos a través de Internet.

Unha das empresas que se está beneficiando en maior medida por esta nova moda é 4Info, unha compañía que alerta aos seus usuarios sobre os resultados deportivos e os rumores sobre famosos vía mensaxe de texto, obtendo as súas ganancias a través da publicidade. Posteriormente, os usuarios cargan toda esta información nos seus equipos virtuais.

O atractivo destas ligas de fantasía non é nada novo. Os deportes virtuais deron un importante salto a finais dos 90 cando Internet permitiu que os resultados deportivos estiveses dispoñibles para as masas e portais como Yahoo comezaron a organizar xornadas a cambio dunha tarifa.

Na actualidade calcúlase que nos Estados Unidos hai unha comunidade de 27 millóns de xogadores, nun mercado cunhas ganancias anuais de entre 800 millóns e 1.000 millóns de dólares, segundo datos da Asociación de Comercio de Deportes de Fantasía.

Neste impacto comercial ten moito que ver o potencial de teléfonos como a Blackberry ou o iPhone, a través dos cales os patrocinadores poden ofrecer os seus contidos nun formato eficaz e directo.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: